A Asociacion Galega de Custodia do
Territorio (AGCT) e a Unión de Tecores de Galicia (UNITEGA) organizaron unha
Xornada formativa sobre o coello de monte e o corzo, que terá lugar o vindeiro
sábado 20 de febreiro, no Centro de Conservación e Estudo da Natureza Casa dás
Insuas de Rábade (Lugo), co seguinte programa:
11:00 h.: “A custodia do Patrimonio
Natural Cinexético e o Programa de reintroducción da aguia real no Parque
Natural Baixa Limia – Serra do Xurés”. D. Domingo González Lorenzo. Presidente
da Asociación de Tecores do P.N. Baixa Limia – Serra do Xurés (XURESTEC) y D.
Antonio Mota Mogrobejo. Secretario da Unión de Tecores de Galicia (UNITEGA) e
da Unión Nacional de Asociaciones de Caza (UNAC).
11:30 h.: Pausa-café
12:00 h.: “A xestión do coello de
monte e a nova enfermidade vírica: Bioloxía da especie, xestión cinexética,
repoboacións, biotopos, rozas e vacinas”. D. Jaime Veiga Fontán.
Presidente da Asociación SOS COELLO DE MONTE DE GALICIA.
14:00 h.: Descanso para xantar
16:30 h.: “O corzo en España: luces
e sombras no seu proceso de expansión” . D. Gerardo Pajares Bernaldo de Quirós.
Expresidente da Asociación del Corzo Español (ACE).
18:00 h.: “Repercusión das
principais infeccións que afectan os corzos en Galicia”. Dna. Patrocinio
Morrondo Pelayo. Catedrática da área de Sanidade Animal da Facultade
de Veterinaria de Lugo (Universidade de Santiago de
Compostela). Académica numeraria da Academia de Ciencias Veterinarias de
Galicia.
Centro de Conservación e
Estudo da Natureza Casa das Insuas, Rua José Pardo Nº 20, Rábade (Lugo).
Coordenadas GPS: Latitud: 43.115561 /
Lonxitude: -7.61632. ENTRADA LIBRE
COMUNICADO CONXUNTO
DE AGCT, UNITEGA, ACE, UNAC, SOS COELLO DE MONTE DE GALICIA E XURESTEC