A grave situación pola que están
a empezar a pasar as poboacións de coello dos nosos Tecores, motivou a
organización dunha serie de charlas dende UNITEGA, coa colaboración da
Asociación SOS COELLO DE MONTE DE GALICIA.
A primeira delas terá lugar o próximo domingo 10 de maio de 2015 ás 5 da tarde, na Oficina de Turismo do Concello da Gudiña (Casa da Viuda).
Ao longo dos meses de xuño e xullo, tamén se realizarán charlas, co mesmo contido, nas localidades de Baños de Molgas e Lobios (Ourense), Ferreira de Pantón (Lugo) e Ordes (A Coruña). Nas próximas semanas informarémosvos das datas concretas destas.
A entrada ás charlas é gratuíta, e están destinadas aos compoñentes das Xuntas Directivas e cazadores interesados en: “A xestión do coello de monte e a nova enfermidade vírica: Bioloxía da especie, xestión cinexética, repoboacións, biotopos, rozas e vacinas”.
Ao final da charla abrirase un
coloquio para que os asistentes poidan
facer preguntas sobre os temas que se van tratar.
Achegámosvos o cartel da primeira
charla e invitámosvos a participar nela.
Vémonos na Gudiña o 10 de maio. Un saúdo dos cazadores de UNITEGA
CARTEL A GUDIÑA PDF: DESCARGAR