martes, 28 de abril de 2015

CHARLA FORMATIVA PARA CAZADORES E XUNTAS DIRECTIVAS DE TECORES


A grave situación pola que están a empezar a pasar as poboacións de coello dos nosos Tecores, motivou a organización dunha serie de charlas dende UNITEGA, coa colaboración da Asociación SOS COELLO DE MONTE DE GALICIA.

A primeira delas terá lugar o próximo domingo 10 de maio de 2015 ás 5 da tarde, na Oficina de Turismo do  Concello  da  Gudiña (Casa da Viuda).

Ao longo dos meses de xuño e xullo, tamén se realizarán charlas, co mesmo contido, nas localidades de Baños de  Molgas  e  Lobios (Ourense), Ferreira de Pantón (Lugo) e Ordes (A Coruña). Nas próximas semanas  informarémosvos das datas concretas destas.

A entrada ás charlas é gratuíta, e están destinadas aos compoñentes das Xuntas Directivas e cazadores interesados en: “A xestión do coello de monte e a nova enfermidade vírica: Bioloxía da especie, xestión cinexética, repoboacións, biotopos, rozas e vacinas”.

Ao final da charla abrirase un coloquio para que os asistentes  poidan facer preguntas sobre os temas que se van tratar.

Achegámosvos o cartel da primeira charla e invitámosvos a participar nela.


Vémonos na Gudiña o 10 de maio. Un saúdo dos cazadores de UNITEGA

CARTEL A GUDIÑA PDF: DESCARGAR