O lince ibérico está a recuperarse con forza. No ano 2015, deixou de estar clasificado como 'en perigo crítico de extinción'. E agora coñecemos o seu último censo, que revela un incremento do máis do 30 por cento en número de exemplares en liberdade. Ata 2014, a cifra estaba estancada nos 330 exemplares. O último catálogo suma 404.
O resultado é unha poboación máis espallada. Que mesmo chega ataGalicia. Así sucedeu o pasado mes de febreiro, cando un lince entrou nas serras de Ourense. Trátabase de Kentaro, un animal criado en catividade e que fora soltado en decembro de 2014 nos montes de Toledo. Equipado cun colar con GPS, os científicos observaron que, tras percorrer máis de 2.400 quilómetros, o exemplar entrou en Galicia dende as serras de Portugal.
Este tipo de linces son alcumados como 'exploradores' e chegan a cubrir grandes distancias. Os expertos afirman que estas 'excursións' son boas para determinar lugares onde o lince ibérico pode ser reintroducido, algo complicado xa que precisa unha extensión de terreo de entre 15.000 e 20.000 hectáreas onde haxa unha granabundancia de coello. Infraestruturas como as estradas e o poboamento disperso de Galicia non axudarían a recuperación desta especie.
O lince Kentaro percorreu 2.400 quilómetros e chegou a Ourense en febreiro
As causas fundamentais da recuperación do lince ibérico son a cría en catividade e as soltas periódicas, que se están a facer con intensidade nos Montes de Toledoe, nomeadamente, na provincia andaluza de Xaén. No ano 2015 houbo menos atropelos (15) que na serie histórica. E medrou o número de femias reprodutoras, pasando de 103 a 120 nun só ano.
Ademais, a enfermidade hemorráxica do coello, que está a reducir a súa poboación en varias zonas da Península Ibérica fai que máis linces se aventuren a percorrer grandes distancias. E que sexa máis razoable que poidan chegar a Galicia, como foi no caso de Kentaro.
En Galicia, o lince ibérico non era a única especie que habitaba os seus montes tradicionalmente. De feito, recentes estudos sinalan que lince boreal (Lynx lynx) xa corría polas serras galegas ata data recente. Nalgúns lugares, este gran depredador, un xigante o dobre de grande que o seu 'curmán' ibérico, era coñecido como 'lobo cerval' ou mesmo 'O tigre'.

FONTE: GCIENCIA