sábado, 23 de mayo de 2015

Xuntanzas pola Caza en Cerdedo

Baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra, o pasado sábado 16 de maio o Auditorio do concello pontevedrés de Cerdedo acollía a cazadores e directivos de sociedades de caza na procura de formación e información sobre diferentes temas de máxima actualidade da caza en Galicia.

Cazadores, presidentes de Sociedades de Caza, gardas de campo e directivos das Federacións provinciais e autonómica de Caza recibían con expectación a primeira das conferencias sobre “O Coello de Monte: xestión e problemática” por ser este un tema de máxima actualidade cinexética e por ser impartida por Vicente Piorno González, experto sobre a bioloxía e o estudio das poboacións do coello. Piorno deu unhas pinceladas sobre a xestión cinexética do coello de monte, centrando a súa ponencia no que “non se debe de facer” para unha correcta xestión do coello nos Tecores.

S.O.S. COELLO estivo tamén presente na Xuntanza.