De: "Jaime Veiga" <coellodemonte@gmail.com>
Fecha: 4/8/2017 12:24
Asunto: Cando o 'tigre' campaba por Galicia
Para: "coellodemonte1.publi" <coellodemonte1.publicar@blogger.com>
Cc:
Mencións ao 'lobo cerval' hai moitas na historia de Galicia. A máis antiga está datada en 1760, cando se describe a súa presenza en Verín. Pero, en 1863, o prestixioso naturalista Víctor López Seoane atópao distribuído pola provincia de Pontevedra, con anotacións en Lalín e nos montes entre Pontevedra e Vigo. Hai mencións de estudiosos tanto na serra do Courel como en Vilalba. E, desde logo, abundan as citas na veciña serra do Xurés.
Así que este enorme depredador campaba polos montes galegos ata data recente. Do lince ibérico, sempre se dixo que non chegou a asentarse por completo en Galicia porque a súa presenza estaba moi ligada ao coello. E que, ata as terras de León e de Castela atopaba mellor subministración da súa principal presa. Agora, a confirmación de que había lince boreal cambia as cousas. Trátase dun depredador o dobre de grande e cun catálogo de presas moito máis amplo.
Para leer a noticia completa
http://www.gciencia.com/