domingo, 22 de marzo de 2015

Pero no se adoptó ninguna medida concreta sobre la excepcional situación del conejo de monte:

Ethel Vázquez avoga por traballar da man dos cazadores para que a actividade cinexética sexa unha actividade sustentable e que dinamice a economía rural en Galicia

Santiago, 18 de marzo de 2015.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou esta mañá que a Xunta de Galicia avoga por traballar da man dos cazadores para facer da actividade cinexética sexa unha actividade sustentable e que dinamice a economía rural en Galicia.

A conselleira presidiu a reunión anual do Comité Galego de Caza, onde destacou o traballo conxunto co sector permitirá apostar por unha actividade ordenada e sostible que propicie un dobre obxectivo: unha correcta xestión das poboacións silvestres, xa que a actividade cinexética é un instrumento eficaz para o control de poboacións. O segundo dos obxectivos que se converta nun estímulo para as economías agrarias, xa que a estreita vinculación existente entre o mundo rural e a actividade cinexética contribúe a frear o abandono do rural e a mellorar a dinamizar este sector.

Vázquez Mourelle afirmou que en Galicia a caza é unha actividade sustentable, que debe someterse a unha axeitada planificación, que ordene e xestione os recursos cinexéticos, respectando os criterios de protección da biodiversidade.

En palabras da conselleira, dende a entrada en vigor da Lei de caza en 2014 en Galicia xa se ten detectaron melloras. En boa parte porque a nova normativa soubo dar resposta á importante variación nas modalidades de caza e das condicións dos hábitats que esixían, tamén, novos modelos para a xestión dos espazos cinexéticos.

Licenza única
A conselleira tamén recordou que Galicia, xunto coas comunidades autónomas de Castela a Mancha, Castela León, Estremadura, Madrid, Aragón, Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente está a negociar un convenio para a posta en marcha da licenza única de caza e pesca.
Aclarou que se trata dun paso máis, despois de que o conxunto das administracións asinaran un protocolo de adhesión; ao tempo que representa un dos retos a cumprir a curto prazo que permitirá poder cazar noutras comunidades sen ningún outro trámite. Engadiu que outro dos obxectivos é o regulamento da Lei de caza de Galicia.

Ethel Vázquez salientou que unha lexislación comprometida e eficaz na protección do medio unida á conciencia ecolóxica crecente por parte dos cazadores son o mellor instrumento para promover unha práctica que presenta un gran potencial na dinamización da economía rural da comunidade galega.